cabeceira
xaneiro 2010
Un novo formato Neste número

Ano novo, boletín novo

Antes de nada, BO ANO A TODOS!! E co novo ano cambiamos tamén de formato de Boletín.

Agardamos que vos guste o novo "e lo...?"

No Concello en xaneiro

Cursos de formación

wordEstá aberto o prazo de inscrición para os cursos de Word e Excel que empezarán en xaneiro e rematarán en marzo ou abril, dependendo do curso no que te apuntes.

Estamos preparando un par de dípticos interesantes que colgaremos na web tan pronto os teñamos (dádeme unha semaniña máis e xa estarán). Un deles é o programa de formación previsto para o ano 2010 e outro, o programa, xa con datas, do primeiro cuatrimestre do ano, de xaneiro a abril. No próximo boletín xa vos poñemos o enlace.

 

Exposición: Vivencias heteroxéneas, cousas que ver

expoExposición colectiva dos alumnos do último ano da facultade de Belas Artes de Pontevedra. A inauguración será o vindeiro venres 22 de xaneiro de 2010, ás 20:30 horas no Espazo das Artes de Brión (edificio da Escola de Música, na Avda. de Santa Minia nº70)

A exposición estará aberta do 22 ó 30 de xaneiro.

 

Novos valores 09. VI Certame de pintura

A piques de rematar o prazo de presentación das obras para o certame de pintura Novos Valores, este ano aumentou considerablemente a participación, sobre todo de xente nova. Se estás interesado e aínda non presentaches a túa obra, tes de prazo ata as 14 horas do día 16 de xaneiro.

 

Fóra de Brión

Cursos de formación a distancia

formacionDiplomas de especialización profesional universitario en "Agentes de igualdad entre mujeres y hombres" y "Coordinación y gestión de programas y servicios para la juventud". Cursos de postgrado da Universidade de Valencia. +Info www.formacionpostgrado.com

 

Exposición: ArtXove 2010

artxoveExposición de pintura, fotografía e escultura de obras de mozos de 18 a 35 anos de idade. Se queres presentar as túas obras tes de prazo ata o 19 de febreiro . A exposición será do 27 de marzo ó 11 de abril de 2010 no concello de Pontedeume.

A exposición estará aberta do 22 ó 30 de xaneiro.

 

Asociacións de Brión

O esquío no piñeiro

Esta é unha asociación nova que se acaba de formar no Concello. É unha asociación cultural medio ambiental e en vindeiros boletíns iremos colgando as actividades que van ir programando.

Xuntanza

A asociación de mulleres tamén está a programas actividades novas de cara ó mes de febreiro. Estaremos ó tanto para informarvos.

Novas de interese se pertences a unha asociación

Subvencións Deputación 2010

Está aberto o prazo de solicitude das subvencións da Deputación da Coruña para o ano 2010. Podes elexir entre subvencións para actividades culturais, deportivas, de promoción económica ou de promoción da igualdade. O prazo remata o 1 de febreiro.

Visitas guiadas en Padrón

O concello de Padrón organiza visitas guiadas pola vila os luns,martes, mércores, xoves e sábados. Se vos interesa poñédevos en contacto con eles no 627 210 777

Alguén se apunta?

Fin de semana na neve

Alguén se apunta a irnos unha fin de semana á neve? xa sabedes, "año de nieves año de bienes", que mellor forma de empezar o ano que rebozarnos na blanca e fría neve de ... xa veremos?

Os que se animen avisádeme por correo a voluntariado@briondixital.org ó longo deste mes de xaneiro para organizarnos e ir en febreiro ou primeira quincena de marzo, cando mellor nos vaia.

Voluntariado

Voluntariado Xacobeo 2010

volxacA Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo poñen en marcha o Voluntariado Xacobeo 2010 que se desenvolverá durante o vindeiro Ano Santo ao longo dos 9 Camiños de Santiago.

O programa está destinado a todos os voluntarios e voluntarias que estean dispostos a colaborar en tarefas basicamente informativas, culturais e de enlace entre outros organismos ou persoas.

Pódeste apuntar en tres grupos diferentes:

- voluntariado de información móbil ó pé do Camiño

- voluntariado de acompañamento de grupos

- voluntariado da sabedoría (maiores de 65 anos)

 

Viaxes a microproxectos no 2010

AIPC-Pandora abre o 18 de xaneiro a inscrición para viaxar a microproxectos de cooperación no verán 2010.

A organización AIPC-Padora, avánzanos os Viaxes Solidarios - Microporxectos de Cooperación que vai desenvolver no verán de 2010 en países como Mali, Sudáfrica, Nixeria, Tanzania, Guatemala, Perú, Marrocos e Ecuador. Rehabilitar un centro escolar e contactar con mozos marroquís, aulas de informática para persoas cegas ou actividades de ocio e tempo libre con mozos indíxenas son algunhas das actividades a desenvolver.

Se non queres seguir recibindo este boletín, tan só tes que pinchar aquí para darte de baixa.

Concello de Brión. Oficina Municipal de Mocidade e Voluntariado. Casa da Cultura

www.concellodebrion.org/voluntariado___________________voluntariado@briondixital.org