cabeceira
febreiro 2010
Mes do entroido Neste número

E volve o Entroido un ano máis

Peliqueiros, pantallas, cigarróns, mecos, Xinzo, Laza, Padrón, Negreira...Brión.

Aquí tamén o celebramos ó noso xeito particular. Este ano? Pois este ano teremos obradoiros de máscaras e piñatas para os rapaces e o domingo de piñata, despois do desfile, seguro que os nosos veciños e achegados nos sorprenden un ano máis coas máis variadas e divertidas coreografías e bailes.

 

No Concello en febreiro

Cursos de formación presenciais e na rede

Está aberto o prazo de inscrición para os cursos de A hora (agricltura ecolóxica), Internet Explorer, Contabilidade para peme's e contaplús e Percusión e ritmo corporal que empezarán en febreiro e marzo.

Tamén puxemos en marcha a oferta de formación on-line con máis de 20 cursos. Neste momento estamos totalmente desbordados (mira ti, tres anos facendo formación na rede sen éxito e agora de pronto...) co que imos ter que ilos facendo de xeito paulatino a partir de finais de febreiro, pero podes apuntarte igual.

E como o prometido é débeda, xa temos colgados na web os trípticos de formación, por un lado o tríptico da programación do ano 2010 e por outro un específico de xaneiro a abril. O enlace é www.concellodebrion.org/formacion.

celgaOutra nova de interese relacionada ca formación é que xa abrimos o prazo para inscribirse nos cursos do CELGA. Se vós ou alguén que coñezades está interesado en presentarse ás probas do CELGA e quere facer o curso tedes ata o 25 de febreiro para chamar e apuntarvos.

E xa para rematar, se estades interesados en cursos de formación ocupacional acaba de saír a convocatoria e xa se sabe qué cursos se van facer este ano dos do Plan FIP (agora xa non se chama así pero é para entendernos). Para Brión solicitamos o de "Empregado de oficina", a ver se este ano nolo conceden. Se vos interesa esta formación, só para desempregados, este é o momento de apuntarse. Empezarán a partir de marzo ou abril, así que se queredes acceder á fase de selección tedes que estar apuntados para os cursos concretos que vos interesen antes desas datas.

 

ENTROIDO: obradoiros e festa de piñata

entroidoPero non todo vai ser facer cursos este mes. Tamén teremos festa, por algo este é o mes do Antroido/Entroido. En Brión teremos por un lado obradoiros para os rapaces de 3 a 12 anos e xa o domingo 21 de febreiro a festa de Antroido con desfile desde a Carballeira a partir das 4.30. Haberá premios nas categorías de infantil, xuvenil, adultos, grupos, comparsas e carrozas. E todo amenizado pola orquestra Os Satélites.

 

Novos valores 10. Exposición

O día 12 de febreiro será a entrega de premios e inauguración da exposición das obras que se presentaron este ano ó concurso de pintura Novos Valores. A entrega de premios será o venres 12 ás 8.30 da tarde no Espazo das Artes (planta de arriba da Escola de Música) e ó remate inaugurarase a exposición.

 

Sendeirismo: Ruta da Rubial

Xa vén o bo tempo e o departamento de deportes do Concello de Brión empeza a súa campaña de sendeirismo. Coma sempre empezamos no noso propio concello, este ano ca subida ó monte da Rubial.

A ruta é o día 27 de febreiro. Sairemos ás 3 e media da tarde do adro da Igrexa dos Ánxeles. A ruta dura entre 4 e 5 horas, é un pouco dura nalgún tramo pero vale a pena, hai unhas vistas impresionantes desde alá arriba!

 

 

Fóra de Brión

Cursos de formación

formacionARTERIA NOROESTE organiza para os meses de febreiro e marzo cursos de formación relacionados todos co mundo do audiovisual (vídeo dixital, photoshop, postproducción dixital con After-Effects, secuenciación MIDI, estudio de gravación personal, efectos especiais...)

 

Programa actividades Arteria Noroeste

arteCada semana Arteria Noroeste vai informando das actividades que ten programadas.

Polo de agora só temos o programa ata o 7 de febreiro pero cada semana imos actualizando a nosa web de mocidade e ímolas poñendo alí.

Estes días podes ir ver "Los gnomos: la gran aventura" ou "Cuento de brujas" na SGAE, en Santiago.

 

Máis actividades

Polo de agora non te podemos informar de máis actividades. Vannos chegando ó longo do mes e imos actualizando a web. Se consultas a páxina unha vez á semana alí poderás ver todas as novidades.

 

Asociacións de Brión

O esquío no piñeiro

Esta nova asociación está a preparar para o mes de marzo unha ruta en bicicleta posiblemente pola Costa da Morte. Para poder participar nas actividades hai que ser socio. A cota é de 10 euros ó ano. Se queres ser socio podes pasarte pola Casa da Cultura e alí xa te informan. Pregunta por Trigo ou Dora.

Xuntanza

Aberto o prazo de inscrición para: circuito termal, obradoiro de bordados, obradoiro de cociña, obradoiro de risoterapia, luns activos (exercicio físico para unha vida saudable), cea de antroido. Na Casa da Cultura infórmante tamén destas actividades.

Novas de interese se pertences a unha asociación

Viaxes

Chegou á OMIX información sobre ofertas de viaxes para asociacións de 2 e 3 días a Cantabria, Segovia, Madrid...Se vos interesa podedes pasar por aquí ou mándovolo por correo electrónico.

Boletín

Como vedes, no apartado anterior estamos a poñer información sobre as actividades das asociacións do Concello. Se queres que poñamos información da túa, avísanos ou mándanos a información por correo electrónico.

Alguén se apunta?

Relax, take it easy.

A unha mañá de relax no balneario? Sábado ou domingo. Escollemos balneario, mercamos bono, bañito e despois ata podemos xantar xuntos por alí cerca do balneario.

Os que se animen avisádeme por correo a voluntariado@briondixital.org ó longo deste mes para organizarnos.

Voluntariado

Voluntariado Ambiental

volamVén o bo tempo e queríamos poñer outra vez en marcha o voluntariado ambiental.

Estamos un pouco estancados co tema das rutas, pero abertos a propostas. O que fai falta é xente.

De cara a este ano a proposta é rematar a sinalización da ruta de Ons e darlle unha volta ás outras para ver cómo están.

Quería ter unha xuntanza cos voluntarios antes de empezar a facer nada. Os interesados enviádeme a ficha que vos envío co boletín cuberta, please.

Voluntariado Xacobeo 2010

volxacA Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo poñen en marcha o Voluntariado Xacobeo 2010 que se desenvolverá durante o vindeiro Ano Santo ao longo dos 9 Camiños de Santiago.

O programa está destinado a todos os voluntarios e voluntarias que estean dispostos a colaborar en tarefas basicamente informativas, culturais e de enlace entre outros organismos ou persoas.

 

Se non queres seguir recibindo este boletín, tan só tes que enviarnos un correo electrónico a voluntariado@briondixital.org para darte de baixa.

Concello de Brión. Oficina Municipal de Mocidade e Voluntariado. Casa da Cultura

www.concellodebrion.org/voluntariado___________________voluntariado@briondixital.org