cabeceira
abril 2010
Na primavera... actívate!! Neste número

Coas novas actividades para mozos de 13 a 18 anos

Estes meses de primavera veñen cheos de propostas para os mozos de Brión de 13 a 18 anos de idade. Empezaremos en abril cunha actividade de un día completo, 22 horas sen parar, con saco de durmir incluído para durmir fóra.

Destas actividades iremos informando mes a mes, segundo vaian saíndo, pero podes consultar a programación completa ata o mes de xuño na web de mocidade e voluntariado. Vai reservando dias na axenda para o vivac, a DJ session, manga xaponés, a percusión africana ou os graffitti!!

No Concello en abril

TRAE O SACO, QUE DURMIMOS FÓRA!! omix

Iniciamos un novo período de propostas de actividades para os mozos con esta actividade que implica marchar o sábado 24 de abril á 1 da tarde, comidos e con bocata para a cea, e pasar o día e a noite fóra da casa, para volver o domingo 25 ás 11 da mañá. Se vos animades vós e animades ós vosos colegas podemos facer un grupiño xeitoso para troulear un pouco.

A actividade é gratuíta e para apuntarvos só tedes que pasar pola Casa da Cultura, ou enviar un correo electrónico a voluntariado@briondixital.org, ou chamar por teléfono ó 981.509.908 e preguntar por Dora. Todo esto antes do día 16 de abril, que é cando remata o prazo de inscrición.

SENDEIRISMO DE PONTECESO A CORME

rutasO próximo sábado día 10 de Abril o Concello organiza unha ruta a pé que vai desde Ponteceso ata Corme. A ruta é duns 16 Kms. pero é de dificultade baixa, vai todo pola beira do mar, chegando á Punta Roncudo, lugar "bonito de ver" de certo. Esta zona da Costa da Morte é moi bonita e pasa por praias impresionantes, como a de Balarés. Para esta ruta, a saída é o sábado ás 9 da mañá da Carballeira de Santa Minia.

Xa para o mes de maio está previsto facer tamén unha ruta polas Fragas do Eume, o día 1 de maio, sábado.

 

FORMACIÓN NO MES DE MAIO

Xa está aberto o prazo de inscrición para os cursos do mes de maio:

Se estás sen traballo e pensando en montarte algo pola túa conta, o 25 e 27 de maio organízase un obradoiro chamado "Quero darme de alta como autónomo, como fago?" O obradoiro vaino dar un asesor laboral e veremos todos os trámites que son necesarios para facerse autónomo, ventaxas e desventaxas, outras opcións...

O xoves 20 de maio farase un novo curso de Manipulador de alimentos de 3 horas de duración. Se estás traballando ou tes previsto traballar en hostelería, comercios de alimentación ou calquera outro traballo que implique andar con alimentos, deberías inscribirte neste curso.

En colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado organízase para os meses de maio e xuño un curso de 30 horas de "Voluntariado e mediación familiar". A inscrición para este curso é a través da páxina web de voluntariado, xa que son eles os que o xestionan directamente. O prazo de inscrició abrirá a mediados de abril.

Rematando cos cursos de informática de usuario deste curso, teremos en maio por unha parte o de Access, os luns, mércores e venres pola tarde, e por outra parte dous de Internet, os martes e xoves, un en horario de mañá e outro en horario de tarde.

 

TEATRO E PUNTO

Para o mes de abril están programadas dúas obras de teatro no Centro Social Polivalente ás oito e media da tarde:teatro

- O Cantar dos Cantares ou Galicia 1948, de Teruca Bouza, o sábado 10 de abril.

- Policía, do grupo de teatro universitario Pinchacarneiro, o sábado 17 de abril.

 

RESERVA DE PRAZA NA ESCOLA DE MÚSICA

Do 12 ó 30 de abril é o prazo para a reserva de praza na Escola de Música Municipal Magariños para aquelas persoas que foran alumnos no curso 2009-2010.

 

Fóra de Brión

CONTOS E NARRATIVAcontos

XII Certame de contos Cultura quente para rapaces a partir dos 10 anos de idade. Convoca o Concello de Caldas de Reis e o prazo de presentación das obras remata o 11 de xuño.

XXI Premio literario Camilo José Cela de narrativa organizado polo concello de Padrón. O prazo de presentación das obras remata o día 15 de xullo.

 

NOITES SAUDABLES PARA MOZOS

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, en colaboración con Turgalicia, acaba de iniciar un programa novo para a promoción do termalismo e o ocio entre os mozos de 18 a 35 anos de idade con estancias de fin de semana no mes de abril en balneariosde Galicia.

 

SERÁN NA SALA NASA E CONVERSAS CON GUADI GALEGO seran

O 8 de abril ás 10 e cuarto da noite comeza o primeiro serán desta tempada na Sala Nasa. Antes do serán haberá un obradoiro de iniciación ós seráns ás 9.30 para os que non saben bailar.

E o sábado 10 de abril, na mediateca de Teo, en Cacheiras, poderás conversar con Guadi Galego.

 

CURSOS DE FORMACIÓN PARA TODOS OS GUSTOS

Para o mes de abril hai convocados cursos por diferentes entidades sobre temas moi diversos:

  • Dereitos humanos laborais.
  • Receitas para unha vida sá.
  • Business English nivel intermedio.
  • Prevención de riscos laborais: delegado PRS.
  • Prevención de riscos ergonómicos e psicosociais.
  • Xestión da prevención de riscos laborais.
  • Xerontoloxía e atención sociosanitaria a persoas dependentes.
  • ...

DÍA EUROPEO DA INFORMACIÓN XUVENIL

O venres 16 de abril en Santiago de Compostela celebrarase o día europeo da información xuvenil cunha xornada titulada “A información xuvenil e uso das redes sociais”.  

XV FESTA DA LAMPREA DO RÍO ULLAcoche

En Pontecesures, o 17 e 18 de abril de 2010, celebrarase a festa da lamprea do Río Ulla. A festa empezará o dia 17 a partir das 6 da tarde e día 18 a partir da 1 e media da tarde.

VI FEIRA DO AUTOMÓVIL ANTIGO E DE OCASIÓN

Coincidindo ca Festa da lamprea do Río Ulla, celébrase en Pontecesures esta feira do automóvil antigo e de ocasión, así xa podes aproveitar para ver os coches e despois degustar esa lamprea, ou viceversa.

 

Asociacións de Brión

Os Esfola Arrós

I MARCHA BTT organizada por esta asociación e polo Concello para o día 18 de abril. O percorrido é de 42 Kms. e a dificultade é media/alta.

A saída será ás 9.30 da mañá do pavillón polideportivo de Brión.

+ Info: http://osesfolaarros.blogspot.com

O esquío no piñeiro

O esquío no piñeiro ataca de novo, esta vez coa programación dunha ruta en bicicleta pola Costa da Morte, desde Laxe ata Camariñas, un paseíño.

A cita será o sábado 8 de maio a eso das 9 da mañá na Carballeira para coller o bus ata Laxe.

Xa podes inscribirte en http://oesquio.blogspot.com

Novas de interese se pertences a unha asociación

Subvencións

Acaban de saír convocadas no DOG do día 6 de marzo subvencións para entidades culturais.

E se es unha entidade de iniciativa social, podes solicitar axudas para programas de inclusión e de servizos sociais.

Boletín

Como vedes, no apartado anterior estamos a poñer información sobre as actividades das asociacións do Concello. Se queres que poñamos información da túa, avísanos ou mándanos a información por correo electrónico.

Alguén se apunta?

Vivac

Para as actividades dos mozos non viría mal que alguén nos botara unha man, especialmente para o vivac de abril, para o que nos fan falta un par de monitores de apoio.

Voluntariado

XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE A INTERCULTURALIDADE

A ONG Ecos do Sur organiza a xornada “Servizos sociais e inmigración” o 15 e 16 de abril en Arteixo. Xa podes inscribirte.

FORMACIÓN BÁSICA DE VOLUNTARIADO

A Oficina de voluntariado da Universidade de Santiago de Compostela organiza o III Curso on-line de formación básica de voluntariado.

VACACIÓNS SOLIDARIAS 2010

Solidariedade internacional convoca para o ano 2010 o programa de vacacións solidarias en Guatemala, Perú, Ecuador, Bolivia e os campos de refuxiados saharauis.

 

COOPERACIÓN Ó DESENVOLVEMENTOvol

Curso de formación en cooperación ó desenvolvemento no Concello de Ames. Organiza a OMIX deste concello.

CURSOS DE COOPERACIÓN SOBRE O TERREO

Unha viaxe que te levará a coñecer in situ a cooperación ó desenvolvemento, a vida nos países nos que traballa Asamblea de Cooperación Pola Paz e os problemas ós que se enfrentan os seus habitantes día a día.

Se non queres seguir recibindo este boletín, tan só tes que enviarnos un correo electrónico a voluntariado@briondixital.org para darte de baixa.

Concello de Brión. Oficina Municipal de Mocidade e Voluntariado. Casa da Cultura

www.concellodebrion.org/voluntariado___________________voluntariado@briondixital.org