Noitebus Drogas Voluntariado
 
ACTIVIDADES NO CONCELLO
 
...ÚLTIMAS ACTUALIZACIÓNS
 
Actualizado o 06/04/2010  
omix

ACTIVIDADES PARA MOZOS NA PRIMAVERA

Actividades para mozos de Brión de 13 a 18 anos de idade e outras abertas a todos.

TRAE O SACO QUE DURMIMOS FÓRA!!
Saída con actividades ó aire libre desde o sábado 24 de abril á 1 da tarde ata o domingo 25 ás 11 da mañá. Inscríbete na OMIX ata o día 16 de abril e trae ós teus colegas.

Actualizado o 27/03/2010
 
sendeirismo
RUTA DE SENDEIRISMO DE PONTECESO A CORME
O sábado 10 de abril. Saída ás 9 da mañá da Carballeira de Santa Minia.
 

 

esfola
I MARCHA BTT OEA
O domingo 18 de abril a asociación ciclista “Os esfola arrós” organizan una marcha en bicicleta por Brión e arredores.
 

 

curso

CURSOS DO MES DE MAIO

Ábrese o prazo de inscrición para os cursos de maio:

  • Quero darme de alta como autónomo, como fago?
  • Manipulador de alimentos
  • Voluntariado e mediación familiar
  • Celga 1
  • Access
  • Internet
 

 

Actualizado o 11/03/2010  
teatro

TEATRO E PUNTO

Ciclo de teatro afeccionado nos meses de marzo e abril.

   
sendeirismo

SENDEIRISMO EN ABRIL E MAIO

Ruta de Ponteceso a Corme o 10 de abril e ruta ás Fragas do Eume o 1 de maio. Xa podes apuntarte!

 

 

 
...FORON NO SEU MOMENTO

 

Actualizado o 05/03/2010

RUTAS DE SENDEIRISMO
Ruta da Devesa de Nimo: o sábado 27 de marzo, saímos ás 15.30 da Carballeira de Santa Minia.

RUTA EN BICICLETA
Ruta en bici saíndo da Carballeira de Santa Minia de Brión o sábado 6 de marzo ás 9 da mañá. Percorrido: Brión – Santiago – Padrón – Brión percorrendo os puntos sinalados para gañar a Pedronía.

DANZAS DO MUNDO
Obradoiro de danzas do mundo de 12 horas de duración en sábados, 20 e 27 de marzo.

CELGA 1
Últimas prazas para o curso de lingua galega nivel Celga 1. Empezará o 12 de abril.

FOTOGRAFÍA
Xa te podes inscribir no curso de fotografía. Empeza o 5 de abril.

DÍA MUNDIAL DO TEATRO
Teatro afeccionado o 27 de marzo dentro do programa Letras Vivas co fin de celebrar o día internacional do Teatro.

DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Espectáculo dirixido ós alumnos do IES sobre “Rosalía de Castro, poeta da liberdade e da independencia” co gaio da celebración do Día da Muller Traballadora.

SEMANA DA POESÍA
Representación de Marisa Irimia sobre “A poesía é divertida” no CEIP Pedrouzos na últma semana do mes.

AUDICIÓNS INSTRUMENTAIS DA ESCOLA DE MÚSICA
O 9, 10 e 11 de marzo serán as audicións instrumentais dos alumnos da Escola de Música Municipal.

I MARCHA BTT

Marcha en bicicleta organizada pola asociación "Os esfola arrós" en colaboración co Concello o 18 de abril de 2010.

CAMIÑO SANTIAGO-PADRÓN EN BICICLETA

A asociación "O esquío no piñeiro" convoca para o vindeiro sábado 6 de marzo un roteiro en bicicleta Brión - Santiago - Padrón.

CELGA 1, CELGA 2, CELGA 3, CELGA 4
Está aberto o prazo de preinscrición para os cursos de galego CELGA nos catro niveis.

ENTROIDO BRIÓN 2010
Un ano máis celébrase no Concello de Brión a festa do Entroido. Desfile, baile, premios… Todo, o domingo de piñata, día 21 de febreiro, a partir das 5 da tarde.

OBRADOIROS DE ENTROIDO
E na temporada de vacacións de Entroido hai obradoiros para os rapaces de 3 a 12 anos. Serán o 15, 16 e 17 de 10 da mañá a 1 e media do mediodía.

FORMACIÓN NA REDE
Ábrese o prazo de inscrición para os cursos de formación on-line do Concello de Brión a través da plataforma de formación de briondixital.org. Animádevos, son gratuítos.

FORMACIÓN MESES DE FEBREIRO E MARZO
Xa está aberto o prazo de inscrición para os cursos dos meses de febrero e marzo:

  • Agricultura ecolóxica
  • Contabilidade básica para PEME’s e Contaplus
  • Internet Explorer
  • Ritmo e percusión corporal

EXPOSICIÓN NOVOS VALORES 2010
O día 12 de febreiro, no Espazo das Artes, farase a entrega dos premios “Novos valores 2010” e inaugurarase a exposición das obras presentadas ó concurso.

RUTA DE SENDEIRISMO

Ruta da Rubial (Os Ánxeles-Bastavales). Sábado 27 de febreiro ás tres e media da tarde.

EMERXENCIA HAITÍ

Ante catástrofes como a de Haití todos teríamos que movilizarnos. O máis rápido e efectivo neste momento é apoiar económicamente ás entidades que están alí traballando in situ. Bota ti tamén unha man!

NOVOS VALORES 09

A piques de rematar o prazo de presentación das obras para o certame de pintura Novos Valores, este ano aumentou considerablemente a participación, sobre todo de xente nova. Se estás interesado e aínda non presentaches a túa obra, tes de prazo ata as 14 horas do día 16 de xaneiro.

EXPOSICIÓN: VIVENCIAS HETEROXÉNEAS, COUSAS QUE VER

Exposición colectiva dos alumnos do último ano da facultade de Belas Artes de Pontevedra. A inauguración será o vindeiro venres 22 de xaneiro de 2010, ás 20:30 horas no Espazo das Artes de Brión (edificio da Escola de Música, na Avda. de Santa Minia nº70

CURSOS DE FORMACIÓN XANEIRO 2010

Ábrese o prazo de inscrición para os cursos de formación do mes de xaneiro.

- Word. Martes e xoves do 26 de xaneiro ó 6 de abril, un grupo de 10.30 a 12.30 da mañá e outro de 8 a 10 da tarde.

- Excel. Luns, mércores e venres do 18 de xaneiro ó 3 de marzo de 8 a 10 da tarde.

 

 

 
Concello de Briónbriondixital