SERVIZO sms do Concello de Brión, inscribete e recibirás no teu teléfono movil as últimas novedades do Concello: actividades, cursos, excursións, avisos, etc... TODA A INFORMACIÓN DO TEU CONCELLO NA PALMA DA TUA MAN, de valde. Descarga o impreso de inscrición no enlace sinalizado máis abaixo.
O Concello de Brión pon en marcha un sistema de información aos veciños a través de mensaxes a teléfonos móbiles. Con este sistema informarase aos cidadáns sobre aquelas cuestións que poidan ser do seu interese
Grazas a este servizo áxil, directo e de balde, podes:
- Estar informado dos temas que che interesan de Brión.
- Recibir información de xeito rápido, en calquera lugar, a calquera hora, no momento que se produce.
- Unha información rápida e segura.
Para darte de alta só necesitas cumprimentar un formulario de solicitude e entregalo nas Ofininas Municipais do Concello ou na Casa da Cultura.