HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO
De luns a Venres - 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 22:00
Sábados - 9:30 a 14:00 h.
Carballeira de Santa Minia, nº 5
15865 - Brión
Tel.: 981 50 99 08
Fax.: 981 50 99 69
e-mail: casacultura@infobrion.com
PERSOAL:
Animador SocioCultural
Animador Deportivo
Técnico do voluntariado e formación
Docente dos Cursos de Informática
Técnico de emprego
Técnico bibliotecario
SITUACIÓN:
Pódela atopar na Carballeira de Santa Minia. O edificio construírase en 1929 para alfóndega da feira de Brión e para Casa do Concello.
A súa estructura arquitectónica en altura divídese en tres plantas, onde se localizan as dependencias destinadas ás areas de Cultura e Deportes, Oficina de Información Xuvenil, Aula de Informática e Sala de Exposicións Municipal, seguindo o seguinte esquema:
No andar baixo inaugurouse no ano 2011 un espazo de 186 metros cadrados, habilitado como sala de exposicións no lugar que anteriormente funcionou e como biblioteca.
No primeiro andar, e coa entrada situada cara a Carballeira de Santa Minia, temos as oficinas dos Departamentos de Cultura e Deportes, Oficina de Información Xuvenil, Oficina de emprego e a Aula Informática.
No segundo andar existe un pequeño almacén.
A un edificio anexo, dependiencias que antes ocupaba a casa consistorial, trasladouse a Biblioteca no ano 2011. A biblioteca municipal duplicou desta maneira espazo e estreou salas. Situada na primeira planta da antiga casa consistorial, a nova biblioteca de Brión foi deseñada como un espazo moderno e luminoso que convida a profundar no sempre saudable hábito do estudo e a lectura. A instalación, que duplica espazo con respecto á anterior e estrea dúas novas salas, a de infantil e a de estudo, conta con 11.500 volumes como fondos e permanece aberta ao público a diario.
SERVIZOS DA CASA DA CULTURA:
Omix
Aula de informática aberta
Cursos de informática
Asesoramento na procura de emprego
Departamento de Cultura
Departamento de Deportes
Oficina Municipal do Voluntariado
Departamento de formación
|