Esta ruta segue o suposto trazado da vía romana "per loca maritima" que viña dende Braga pasando por Caldas de Reis, Noia, Brión e seguía cara Brandomil, pasando o río Tambre pola "ponte Pias". Ata hai poucos anos esta ruta era o camiño utilizado pola xente da zona de Cornanda, Luaña e Viceso para chegar a Negreira.
O percorrido da ruta comeza na Igrexa de San Xulián de Luaña (S. XII - XVIII), dirixíndose dende aquí á aldea de Cristimil. Ó sair da aldea, a uns 50 m. pola estada, colle unha pista de terra á esquerda que nos levará directo a un cruce na aldea de Vexo.
De aquí, seguiremos polo monte en dirección á Igrexa de Santa María de Viceso (S. XVIII), pasando polo castro de Pousada (sen excavar). No tramo que vai da aldea de Pousada á Igrexa, pódense ver dous cruceiros, destacando o cruceiro de capela de Goriña, o máis antigo do concello. Este anaco de ruta coincide coa dos cruceiros de Viceso, ¡Hai que ir moi atentos a sinalización!
Dende aquí a ruta segue pola estrada dirección Esparís, tendo que coller, uns 100 m. antes do Instituto, unha pista de terra á esquerda que nos levará a aldea de Mourentáns. Do medio desta aldea sae un camiño de monte cara a parroquia de Ons, onde chegaremos á igrexa de Santa María de Óns, igrexa neoclasica do S. XVIII, rematando aquí a ruta. |
DATOS TÉCNICOS
PUNTO DE PARTIDA: Igrexa de San Xulián de Luaña
PUNTO DE CHEGADA: Igrexa de Santa María de Ons.
TEMPO: 3 horas, incluíndo descansos
DIFICULTADE: Baixa
CLIMATOLOXÍA: calquera época do ano. Poucas sombras.
VALE A PENA VER:
Igrexa de San Xulián de Luaña.
Igrexa de Santa María de Viceso.
Igrexa de Santa María de Ons.
Castro de Pousada (privado)
Cruceiros do camiño
MAIS INFORMACIÓN SOBRE A RUTA:
CONCELLO DE BRIÓN
OFICINA DO VOLUNTARIADO
TELF: 981 509 908 - FAX: 981 509 969
SERVIZO DE EMERXENCIAS BRIÓN
TELF: 629 871 542 |