BASES PARA A PARTICIPACIÓN NA XXVII FESTA DO CABALO

1.- Todas as persoas que queiran participar nalgunha das probas anteriores deberán inscribirse ese mesmo día, alomenos unha hora antes de cada un dos concursos, e deberán asinar a folla de inscrición o propio xinete – concursante. No caso das carreiras de cabalos o horario de inscrición será o domingo de 16:00 horas a 17:00 horas. Ante a mesa de inscrición deberase identificar correctamente o xinete e o cabalo participante na carreira.

2.- O xurado poderá declarar desertos os premios nos concursos nos que os participantes non se axusten as condición esixidas. Tamén terá competencias para altera-la orde do programa e das probas segundo o seu criterio; e tendo en conta o número de participantes en cada una das probas poderase anular ou dividir en varias, afectando ó importe dos premios.

4.- A organización resérvase o dereito de aplazamento ou suspensión da festa por causas xustificadas.

5.- Os premios entregaránse unha vez rematadas todas as probas e tra-la deliberación do xurado, O fallo do cal será inapelable. O número de premios de cada proba non excederá do cincuenta por cento do número de cabalos participantes na mesma.

6.- O maltrato aos animais será motivo de descalificación automática.

7.- Os xinetes e demais participantes en calquera das probas, asumen a responsabilidade das lesións que poidan ocasionarse eximindo de toda responsabilidade á organización da Festa. Así mesmo a organización non se responsabiliza dos danos a terceiros causados polo manexo dos animais, sendo responsabilidade dos seus propietarios.

8.- En tódalas probas será obrigatorio o uso do casco e estar provistos das equipacións individuais perceptivas e os seguros correspondentes.

9.- A organización facilitará atraccións con cabalo, como xincana infantil, poni clube, etc... para desfrute e entretemento dos menores de idade, se ben, non se responsabiliza da custodia destes, nin dos danos e lesións que poidan ocasionarselles a eles ou a terceiros pola actuación daqueles, sendo responsabilidade dos pais ou titores o seu coidado e atención e á sua costas todas aquelas.

10.- No recinto haberá ambulancias da cruz vermella e membros do servizo de emerxencias para a atención das continxencias que poideran ocorrer e que fora preciso da súa utilización.

11.- A participación nos diferentes concursos supón a aceptación destas bases que estarán expostas na mesa de inscrición o mesmo día das probas e na páxina web: www.concellodebrion.org/festadocabalo