As ligazóns que se propoñen a continuación pretenden axilizar trámites administrativos comuns que os veciños manteñen diariamente co Concello.
PLATAFORMA DE FORMACIÓN [E-BRIÓN]
E-brión é unha plataforma de formación on-line onde cada mes se realizan unha serie de cursos sempre relacionados coa informática e as novas tecnoloxías. Ademáis dos cursos on-line, tamén aparecen todos os presenciais que organiza o Concello de Brión, dando a posibilidade de inscribirse neles con só cubrir un simple formulario.
INSCRICIÓN EN ACTIVIDADES
A través deste enlace, facilítase a inscrición on-line a través dun formulario, en calquera das actividades que programa o Concello.
ALUGUER DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS
Alugar o pabillón polideportivo, é agora máis sinxelo, tan só hai que seleccionar a hora e o día e cubrir os datos persoais no formulario.
PAGO DE TAXAS MUNICIPAIS
A traves deste sistema axilizanse os pagos de impostos e taxas municipais, así como por inscrición en cursos, actividades deportivas, ect…
Para unha correcta utilización deste servicio, vostede terá que cubrir todos os datos que se piden no formulario, unha vez cubertos pre-visualizase un documento oficial no que se recollen os datos que vostede indicou, terá que facer 4 copias e ir o banco a facer o ingreso. As 4 copias entraganse da seguinte maneira:
1ª Copia: Para o intersado, a persoa que cubre os datos. Esta copia queda na sua propiedade a modo de justificante.
2ª Copia: Para a administración, nas oficinas municipais do Concello de Brión.
3ª Copia: Para o departamento organizador da actividade, Servizos Sociais, Casa da Cultura, etc…
4ª Copia: Para a entidade bancaria na que se realice o pagamento.
PADRÓN DE HABITANTES
Alta no padrón municipal de habitantes
O trámite de alta no Padrón de habitantes consiste na inscrición dunha persoa nel cando procede doutro municipio ou non figura empadroado en ningún.
Cambio de domicilio dentro do ámbito municipal
Comunicación do traslado dun domicilio a outro distinto dentro do concello.
Certificado de empadroamento
O certificado é un documento no que se acreditan os datos que constan no padrón municipal de habitantes: nome, apelidos, data de nacemento, domicilio, persoas que residen nesa vivenda no caso de ser menor de idade...
Solicitude de informe de convivencia
O informé de convivencia é un documento no que se acredita a convivencia da persoa que o solicita co resto de persoas empadroadas no seu domicilio, así como a relación cos demáis habitantes da súa vivenda.
Solicitude de cambio de titularidade no recibo do lixo
Comunicación do cambio de titularidade no recibo de pagamento da recollida de lixo.
E-ADMINISTRACIÓN
Son moitos os trámites que, hoxe en día, poden realizarse a través da rede. Comodamente, sen necesidade de desplazarse e durante as 24 horas do día, nos sete días da semana. Algúns deles podense atopar neste enlace.