titulo de benvida

PARROQUIA DE SAN SALVADOR DE BASTAVALES

ALDEAS:
Cirro, Gándara, Reboredo Pequeno, San Salvador, Soutullos.

CÓDIGO POSTAL:
15280

EXTENSIÓN:
2,2 km cadrados

VALE A PENA VER:
Igrexa de San Salvador (1737)
Cruceiro de San Salvador
Fonte e peto das ánimas

A HISTORIA:
Nesta parroquia, máis concretamente no lugar de Cirro, descubríuse nos anos 60 unha "vila" de baixa época romana. Alí atopáronse restos do "hypocaustum" (forma de calefacción) con pavimentos de baldosas de barro vermellas e o comezo das pilastras de ladrillo cadrado.

No ano 1851, San Salvador de Bastavales deixa de existir como parroquia, sendo repartida entre San Xulián de BAstavales (Lugares de Soutullos e San Salvador) e Santa María dos Ánxeles (o resto dos lugares).

É moi importante na historia desta parroquia o movemento asociativo. Xa no ano 1908 existía o Centro Social, Agrícola e Pecuario de Bastavales. En 1933, 26 veciños, presentan perante o goberno o regulamento do Sindicato Republicano agrícola y pecuario de San Julián y San Salvador de Bastavales. Este sindicado ocntou con sede propia no lugar de Soutullos, que logo de botar abandonada moitos anos foi restaurada polo concello.

OS ÁNXELES
Datos extraidos do PADRÓN MUNICIPAL DE HABITANTES a día 01/01/2008