PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE CORNANDA
ALDEAS:
Alfonsín, Busto de Frades, Cornanda, A Graña, Vilariño.
CODIGO POSTAL:
15281
NÚMERO DE HABITANTES:
230
EXTENSIÓN:
9,8 km cadrados
XEOGRAFÍA:
Punto máis alto: Alto do Queixal (519 metros)
Punto máis baixo: Río Tambre (50 metros)
VALE A PENA VER:
Igrexa parroquial de Santa María de Cornanda (S. XVII)
Cruceiro de A Graña
Busto de Frades (dende aquí pode verse a Ría de Noia)
Encoro Barrié de la Maza (Vilariño)
A HISTORIA:
Na Idade Media Cornanda estaba comprendida na "terra de Luaña". Dende a creación do Mosteiro de San Xusto de Toxosoutos no século XII esta parroquia correu sempre vinculada a este cenobio, de feito aquí tiñan os frades unha granxa que logo deu nome á aldea de A Graña.
No ano 1954 rematouse o encoro Barrié de la Maza sobre o Trambre, entre as aldeas de A Graña e Vilariño, o primeiro encoro de grandes dimensións que se construíu en Galicia. |