Nós xa sabemos onde ir este verán... e ti?

Se tés entre 18 a 35 anos e non fixeches plans para este verán, esta é a túa oportunidade de pasar unhas estupendas vacacións en compaña doutros mozos e mozas de Brión, ao mesmo tempo que coñeces Andalucía Oriental.


Por un prezo moi atractivo, viaxaremos ata Málaga, hospedándonos no seu albergue xuvenil a pensión completa. Ademáis de visitar a cidade, desprazarémonos a outros lugares como Marbella, Nerja, Tarifa, Gibraltar, Granada, etc.


Non perdas esta oportunidade única para coñecer outras xentes e lugares, hai prazas limitadas. Unha pode ser túa se te inscribes antes do 30 de abril. Para facelo, chama aos teléfonos que aparecen na cabeceira da páxina. Neles tamén aclararemos as túas dúbidas, dándoche toda a información que precises.